Sunday 05 de May de 2024

Presentación do libro ‘Pola liberdade de expresión’ para conmemorar o Día da Paz


Os alumnos e alumnas do sexto curso de Primaria do CEIP Castelao, no concello de Ordes, celebraron hoxe o Día da Paz. Unha xornada na que todos e todas presentaron o traballo ‘Pola liberdade de expresión’. Un libro que realizaron de maneira conxunta e co que se pretende homenaxear os profesionais que se dedican ao xornalismo gráfico.